CONTRATACIÓN TEMPORAL DE UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL E UN/HA EDUCADOR/A SOCIAL

O Concello de Carral procederá a contratación laboral temporal de dous/dúas traballadores/as para o departamento de Servizos Sociais do Concello, un/ha traballador/a social e un/ha educador/a social, durante o período correspondente á baixa por IT das titulares do posto, a tempo parcial, 25 horas/semana e na modalidade contratual de interinidade.

O prazo de cinco días hábiles para a presentación das solicitudes e da documentación por parte dos interesados comezará a contar dende o momento de inserción deste anuncio no taboleiro de anuncios e na web oficial do Concello.

Para calquera dúbida o aclaración poden chamar ao 981670002 ou dirirxirse ás oficinas municipais da Casa do Concello.