“LOBO BOBO”, UN NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

posted in: Novas Concello | 0

O vindeiro xoves 21 de maio, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía Elefante Elegante presentará “Lobo Bobo”, un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos, para escoitar as súas historias.

Destinado ó público infantil a partir de 3 anos.

Será o xoves 21 de maio, ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).