CINE E ROCK PARA COMEZAR A SEMANA DAS FESTAS

posted in: Novas Concello | 0

O Concello de Carral a través do seu departamento de Cultura e coa colaboración da Deputación Provincial, ofrecen dúas alternativas no Campo da Feira para as noites deste lunsCartel McKuin 2016 curvas e martes da semana do Socorro.

O luns proxéctase Al encuentro de Mr. Banks, unha preciosa película protagonizada por Emma Thompson e Tom Hanks que relata os feitos reais de cando Walt Disney se propuxo filmar o conto de Mary Poppins. A película comeza ás 22:30 h. e é apta para todos os públicos.

E o martes os asistentes ao concerto de McKuin terán ocasión de lembrar os temas da banda británica de Freddie Mércury, Queen. A súa actuación comezará ás 22:30 h, aínda que media hora antes La Banda del Camión comezará a encher de rock o Campo da Feira.

A programación da Concellería de Cultura nas festas completarase o venres coa representación de Bon Appetit, dirixido a público infantil, e o sábado coa presenza da Casiña da Maxia de Chrystyan Magic para todos os públicos. As dúas representacións terán lugar ás 18:00 h, e no caso de mal tempo trasladaranse ao edificio Toñito Espiñeira.

Cartel Carral Bon Appetit