CHECHELA EXPÓN ÓLEOS NO TOÑITO ESPIÑEIRA

Cartel exposición óleos Chechela.A pintora Chechela (Mª José García Martín) exporá unhas vinte obras no edificio social Toñito Espiñeira ata o 30 de xuño.
Natural de Mugardos, Chechela é unha artista autodidacta que centra a súa produción pictórica no óleo sobre lienzo. As súas creacións nacen da necesidade de transmitir as sensacións que sinte dun xeito espontáneo cando ten o lenzo branco diante dela. Busca que cada cadro transmita a quen o mira as mesmas sensacións que ela sentiu cando o pintou.
As obras de Chechela son habituais en diversos certames galegos, obtendo o segundo premio no concurso de Pintura Cidade de Narón. Tamén ten realizado varias exposicións, sendo habituais nas principais salas da comarca de Ferrol.
E exposición de óleos de Chechela está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Carral.