Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos os días 9, 10 e 11 de agosto dous cursos de actividades marítimas.

Dentro do programa MAR-E ANDO, durante tres días poderedes aprender vela, paddel surf ou kayak. Esta actividade está programada para rapaces e rapazas a partir de 12 anos.

A saída a realizaremos desde o local Interxeracional, ás 8:45 h. e o regreso ó mesmo lugar ás 14:15 h.

O prezo son 50 euros polos tres dias, as prazas limitadas e o prazo para anotarse é do 1 ó 5 de agosto.

A autorización podes atopala, na web do concello (carral.es), no Facebook (omix carral) ou no noso Instagram (@omix_carral). E tes que enviala por whatsapp ó 674.793.475, por correo electrónico a omix@carral.es. ou entregala na OMIX (Local Interxeracional, rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).

Non fagas o pago ata que che confirmemos a praza.

 

O Concello de Carral convoca unha reunión informativa para todos os notificados da parroquia de Tabeaio para que xestionen a biomasa nas parcelas da súa propiedade.

Será o próximo luns, 1 de agosto ás 11:00 horas no local social de Tabeaio.

 

bando_informativo

  • Hai 40 prazas entre os cursos de iniciación e perfeccionamento
  • O prazo para formalizar a inscrición remata o vindeiro 27 de xullo

 

Xa está aberto o prazo para formalizar a inscrición nos cursos de natación do mes de agosto no Complexo Deportivo de Carral.

 

O curso vai dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 15 anos, que se dividirán segundo o seu nivel en iniciación e perfeccionamento.

 

Os cursos, que teñen un prezo de 28€/mes, empezan o 1 de agosto e rematarán o día 31. O horario é de luns a venres, entre as 12h e as 14h, con quendas divididas segundo a idade. As clases terán unha duración de 45 minutos.

 

Hai 40 prazas en total, e o prazo para formalizar a inscrición remata o mércores 27 de xullo no caso de non esgotar antes as prazas.

FICHA INSCRICIÓN

  • Debido á execución dos traballos cortarase o tráfico de Sergude-Cañás-Sergude.
  • Javier Gestal destaca que “por fin conseguimos desbloquear esta obra tan agardada, que beneficiará a vehículos e tamén aos peóns”.

 

O Concello de Carral iniciou hoxe as obras de mellora de seguridade viaria da Ponte da Brexa, ampliando a plataforma e permitindo gañar espazo para o paso dos vehículos e dos peóns.

 

Debido á execución dos traballos cortarase o tráfico de Sergude-Cañás-Sergude. Desde o Concello de Carral piden desculpas aos usuarios e usuarias da vía que se poidan ver afectados por este corte ata que rematen as obras.

 

A actuación contempla a ampliación da plataforma da ponte, conseguindo un sobreancho considerable que permitirá o paso, con total seguridade, de vehículos e peóns.

 

O alcalde de Carral, Javier Gestal, destaca que “por fin conseguimos desbloquear esta obra tan agardada, que beneficiará a vehículos e tamén aos peóns” e explica que “o retraso que houbo foi debido a problemas no desenvolvemento do proxecto, pola falta nun primeiro momento dun estudo xeotécnico e por falta do cálculo de resistencia”.

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral organizamos unha excursión ó Galipark para o mércores 20 de xullo.

Tiro con arco, tiralinas, rocódromo, piscina, deslizador acuático ou circuítos multiaventuras, durante todo a día.

Esta actividade para nenas e nenos a partir de 10 anos, ten un prezo de 17 euros, e a saída está programada para as 9:30 h. desde o Local Interxeracional e a chegaremos ás 19:30 h. ó mesmo lugar.

Tedes de prazo ata o 18 de xullo para anotarvos. Enviándonos a folla de autorización/inscrición, que tamén atoparedes no Facebook e no Instagram da OMIX de Carral, a omix@carral.es, por whatsapp ó 674.793.475 ou entregándoa na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).

Non facer o pago ata que se confirme a praza!

 

Publícase a acta do tribunal cualificador do procedemento de selección para a contratación dun/ha operario de limpeza de montes subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL 2022).

 

Con esta publicación outórgaselles aos/ás interesados o prazo dun día hábil (dada a urxencia da contratación) para reclamacións ou alegacións.

 

O que se publica aos efectos oportunos.

 

ACTA APROL 2022.doc

Por decreto da alcaldía do 30 de xuño de 2022 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a contratación dun operario de limpeza de montes así como nomear ao tribunal cualificador e fixar o día e a data da proba práctica e da entrevista profesional.

 

No mesmo decreto acordouse comunicarlle vía telefónica a todos/as os/as interesados o día e a hora da realización das mesmas.

 

O que se publica aos efectos oportunos.

 

Modelo Decreto

Por decreto da alcaldía do 27 de xuño de 2022 resolveuse aprobar a listaxe provisional de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as presentados/as ao procedemento de selección  para a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural 2022).

 

Coa publicación deste anuncio outórgaselle aos/ás interesados/as un prazo de dous días hábiles ( o 28 e o 29 de xuño de 2022) para correccións ou reclamacións.

 

Modelo Decreto

 

Por decreto da alcaldía do 17 de xuño de 2022 resolveuse iniciar a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol).

Só poderán presentarse ao procedemento de selección os/as candidatos/as remitidos pola oficina de emprego de Monelos trala oferta realizada segundo os requisitos do programa Aprol rural 2022.

Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo de dous días hábiles para a presentación de instancias que rematará o día 22 de xuño, incluído.

bases