O verán pasado, máis de 160 nenos e nenas participaron nestes cursos entre xullo e agosto. Read more

Cumprindo as bases do programa dos “Campamentos Deportivos de Verán” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o LUNS 18 DE XUÑO, ÁS 9.30 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 3 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.

Aviso Sorteo

O alcalde e o concelleiro de deportes recibirán este venres pola tarde ás integrantes do equipo de ximnasia rítmica, recentes campioas galegas. Read more

Durante a proba, que se celebrará este domingo 17 de xuño, os ciclistas pasarán por lugares como  Cabrois,  Sergude, San Vicente de Vigo,  Cañás,  Herves ou Barcia. Read more

Redondo 4A Concellería de Cultura comeza o venres 8 de xuño cun novo programa cultural dirixido aos nenos e nenas de Carral. Papeques, que é o nome deste novo ciclo, terá películas, teatro e contacontos ao longo de tres semanas deste mes de xuño.

Os venres ofreceranse tres películas clásicas de Walt Disney, comezando por Dumbo, seguindo con Peter Pan e rematando con La dama y el vagabundo. Haberá unha sesión de contacontos a cargo de Pablísimo o xoves 14, e tres obras de teatro, tanto de actor como de monicreques, no local Xente Nova de Tabeaio, os tres sábados que comprende Papeques.

Dúas das funcións teatrais están dirixidas a bebés (de 1 a 3 anos de idade). A primeira é Redondo, un espectáculo de Caramuxo Teatro para a primeira infancia que xoga coas formas. A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. Redondo terá lugar o sábado 9 de xuño, ás 18:00 h.

Trompicallo ofrecerá a súa obra O día que chegou unha nube e choveu o sábado 16 de xuño. Dirixido a idades de 1 a 5 anos, é un espectáculo de actor e monicreques que destaca a importancia da auga para a existencia da vida. A compañía O Aturuxo de Melpómene pechará Papeques co espectáculo Misterios, escrita e dirixida por Paula Carballeira. Será o sábado 23 de xuño. Vai dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos.

As localidades para todas as actividades son limitadas e é recomendable que se retiren previamente as entradas na Casa da Cultura nos dous días anteriores a cada función ou proxección. As entradas son de balde.

Papeques é unha iniciativa do departamento de Cultura do Concello de Carral que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e da Xunta de Galicia co seu programa Ler conta moito.

Cartel Papeques 2018.

Carral pon a punto a piscina municipal para inaugurar unha nova tempada de baño

Carral dará por inaugurada a nova tempada de baño o vindeiro sábado, 16 de xuño, coa apertura ao público da piscina municipal. Con esta data en mente, o Concello de Carral intensifica agora os labores de acondicionamento para poñer a punto a piscina.

Os operarios levan dúas semanas acometendo diversas actuacións neste complexo deportivo: revisión das bombas, limpeza do vaso e dos filtros da piscina, cambio de auga e substitución das plaquetas danadas.

Esta instalación atraeu, o ano pasado, a uns 3.800 bañistas durante todo o verán. Ademais, este espazo acolle os cursos de natación para nenos durante os meses de xullo e agosto.

Os nenos e nenas  carraleses acudirán entre o 8 e o 13 de xullo. Read more

Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 250 abonados e ao redor de 3.800 bañistas. Read more

Carral recolleu 200 quilos de alimentos e 105 litros de leite para as familias con necesidades do municipio durante a XVI Festa do Pan

A XVI Festa do Pan de Carral foi un auténtico éxito, e non só en termos de participación, senón tamén en índice de solidariedade. E é que, durante esta coñecida cita gastronómica, que tivo lugar o 12 e 13 de maio, recolléronse 200 quilos de alimentos e 105 litros de leite.

Carral recolleu 200 quilos de alimentos e 105 litros de leite para as familias con necesidades do municipio durante a XVI Festa do Pan

Moitos foron os que se achegaron ao stand para intercambiar libros por alimentos non perecedoiros

Todo a través da VII Campaña Libros Solidarios, na que se intercambiaron libros por alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene. Estes produtos irán destinados ás familias con necesidades do municipio.