O xogador do club Xiria de Carballo, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda. Read more

Fase Final Torneo de Tenis

Fase Final Torneo de Tenis

Fase Final Torneo de Pádel

Fase Final Torneo de Pádel

Un novo ciclo de cine ao aire libre volve a Carral da man da Concellería de Cultura e da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural. Noite de Película serán catro sesións con obras de éxito que se proxectarán no Campo da Feira ás 22:00 h.

O programa deste novo ciclo é o seguinte:

  • Venres 24 de agosto: LA MOMIA. Non recomendada para menores de 12 anos.
  • Venres 31 de agosto: DUNKERQUE. Non recomendada para menores de 12 anos.
  • Martes 4 de setembro: OS FENÓMENOS. Non recomendada para menores de 7 anos.
  • Mércores 5 de setembro: BLADE RUNNER 2049. Non recomendada para menores de 12 anos.

En caso de meteoroloxía desfavorable, as proxeccións levaranse a cabo no edificio social Toñito Espiñeira.

Cartel Noites de Película 2018 .

A comisaria da exExpo Llorens - Carral 2018-wposición Francisco Llorens, pintor das Mariñas, Rosario Sarmiento, fará unha visita guiada pola mostra o venres 24 de agosto ás 19:00 h, da que poden gozar todas as persoas que o desexen. Xunto á comisaria estará comentando a exposición unha das fillas do pintor.

A mostra, que está instalada no Campo da Feira ata o 31 de agosto, fai un repaso pola traxectoria artística de Llorens, que é un dos paisaxistas de referencia na historia da arte do século XX en Galicia e en España. As Mariñas foi unha zona na que realizou múltiples obras. En Carral frecuentou o pazo de Vilasuso, desde onde pintou o fermoso Val de Barcia.

Para asistir á visita guiada, non é necesario anotarse previamente.

A exposición e a visita guiada están promovidas polo Consorcio das Mariñas, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral para a súa presentación no municipio.

A concellería de deportes agarda uns 40 inscritos nesta competición que terá lugar o vindeiro 25 de agosto.  Read more

FOTO CARRAL- CAMINO PARROQUIA TABEAIO
O Concello de Carral vén de iniciar o plan de mellora de viarias nas parroquias de San Vicente de Vigo e Tabeaio. Este proxecto, dotado con preto de 40.000 euros, financiarase a través dunha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
En concreto serán dous os camiños que se acondicionarán: o primeiro, situado na parroquia de San Vicente de Vigo, conecta o lugar de Abrigosa co lugar de Balbén, mentres que o segundo une os lugares de Esperón e Cambela ( Tabeaio). No de San Vicente, os traballos consistirán na extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente sobre a estrada, así como na limpeza de cunetas para permitir unha mellor drenaxe.
En paralelo, no viario de Tabeaio ampliarase a anchura do viario, incluíndo a formación de noiros e cunetas para a correcta evacuación de auga. Así mesmo, colocarase unha capa de rodaxe formada por tripla rega asfáltico.
FOTO CARRAL- PARROQUIA SAN VICENTE DE VIGO

Imaxe da vía que une os lugares de Abrigosa e Balbén na parroquia de San Vicente de Vigo

O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, sinalou a importancia destas obras, e a intención do Concello de “mellorar a seguridade viaria non municipio atendendoáspeticións dous veciños”.