Galicreques Carral 2018 -3wAlumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques das Mariñas, que contaba ata o presente ano co apoio do Consorcio das Mariñas; mentres que  nalgúns outros concellos onde tiña lugar a mostra, optaron por non programalo neste exercicio. En Carral decidiuse manter a función escolar de Galicreques para que os máis pequenos teñan unha opción máis de achegarse ao teatro de títeres.

Antes do inicio do espectáculo, o técnico municipal de Cultura explicoulles aos rapaces as características dunha función teatral, cal é o comportamento que hai que ter durante o espectáculo e animounos a participar d as múltiples disciplinas da cultura.

20070612193323-samainO próximo sábado, 27 de outubro, o Concello de Carral celebra o Samaín cunha gran festa para tódolos nenos e nenas.

O pavillón do Espiño acollerá dende ás cinco da tarde, inchables, xogos e obradoiros de pintacaras e globoflexia.

Tres horas de diversión con música e baile e por suposto con disfraces propios da celebración.

Imaxe logo Biblioteca InfantilCo comezo do curso escolar, a Biblioteca Municipal retoma as actividades de animación á lectura. Estas actividades están dirixidas a nenas de 3 a  8 anos e celébraranse como xa é habitual o último xoves de cada mes na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, dende o mes de outubro ata o mes de maio.

As sesións de contacontos estarán a cargo, un ano máis de Trinketrinke Teatro,  uns vellos coñecidos dos nosos usuarios e comezarán o xoves día 25 de outubro ás 18:00 horas coa sesión:  “A escola de Lonxedetodo”.

O mércores 24 de outubro, Trinketrinke presentará una sesión moi especial. Nesta ocasión dirixida ós máis pequenos da casa, nenos e nenas de 0 a 3 anos: “Paxariños”, un contacontos cheo de música e cor pensado para bebés. Será o mércores 24 de outubro ás 17:00 horas na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro)

Para asistir é necesario retirar con anterioridade a invitación nas Bibliotecas Municipais. As prazas son limitadas.

A Casa da Cultura acollerá desde este venres ata final de ano, trece filmes de diferentes xéneros. A serie comezará con catro películas de produción galega, continuando con Cartel ciclo cine outono-nadal 2018filmes de gran éxito de recadación e galardóns, programando nas datas do Nadal tres películas de animación para todos os públicos.

O programa queda configurado así:

  • NOVE DE NOVEMBRO: 19 de outubro
  • PSICONAUTAS: 26 de outubro
  • MIMOSAS: 2 de novembro
  • SICIXIA: 9 de novembro
  • CHURCHILL: 16 de novembro
  • HANDÍA: 23 de novembro
  • LA LIBRERÍA: 30 de novembro
  • ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS: 7 de decembro
  • KINGSMAN: EL CÍRCULO DE ORO: 14 de decembro
  • LA REINA VICTORIA Y ABDUL: 21 de decembro
  • COCO: 15 de decembro
  • CARS 3: 22 de decembro
  • GRU 3: MI VILLANO FAVORITO: 29 de decembro

O próximo venres ábrese o programa cunha película recentemente premiada na Semana de Cine de Autor de Lugo. Trátase da primeira película galega de temática LGTB. En Nove de novembro Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comeza a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Na proxección desta obra contarase coa presenza do director, Lázaro Louzao, que Nove_de_Novembro-108637736-largepresentará o filme e manterá un coloquio cos asistentes ao final da proxección.

A entrada a todas as películas é de balde. Para a presentación dalgunhas das producións galegas cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.

Díptico programa de cine da Casa da Cultura

Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more

Aparcadoiro
O luns 8 de outubro, o aparcadoiro de Paleo permanecerá pechado desde as 7.00 ata as 20.00 horas por mor dos traballos de marcaxe e mellora das prazas de aparcamentoHabilitarase unha finca anexa ao complexo deportivo a modo de área de estacionamento provisional. Desculpen as molestias.

ConcertoPizzicanDuo2018_1A Casa da Cultura acolleu na mañá de hoxe un concerto didáctico de Pizzican Duo, de Italia, para alumnado de 2º da ESO de Carral. O concerto forma parte do programa do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia no que desde hai tres anos Carral é unha das súas sedes. O festival está organizado por Pórtico das Artes e o Concello de Carral, a través da Concellería de Cultura, é unha das entidades colaboradoras.

O programa da actividade didáctica comprendeu obras de autores italianos e internacioais, entre eles Ennio Morricone e Astor Piazzolla. O dúo formado por Paola Esposito (mandolina) e Marcos Pizzorno (guitarra) comentaron as pezas interpretadas e as características dos instrumentos, respondendo ás preguntas dos asistentes.

O festival de pulso e púa rematará o vindeiro domingo cunha gala no teatro Rosalía de Castro con actuacións dos seis grupos participantes, procedentes de Colombia, Rusia, Italia, España, Arxentina e Portugal.

A compañía Contraproducións abrirá o ciclo Teatro de Outono de Carral coa representación da obra Fillos do Sol. Será este sábado 6 de outubro en Tabeaio.Feira 2

Como cada ano, a Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Deputación da Coruña co seu programa Rede Cultural, leva a cabo no último trimestre do ano unha programación de artes escénicas na que presenta obras de compañías profesionais e afeccionadas, con espectáculos de comedia, dramáticos e de maxia. Na edición de 2018 serán seis as funcións que se leven a cabo no local Xente Nova de Tabeaio: Fillos do sol – Contraproducións (sábado 6 de outubro), Será por camiños – Grupo Teatro Escola Narón (sábado 20 de outubro), Linguado país (maxia) – Martín Camiña – Ilusionista (sábado 3 de novembro), O caso é ter saúde – Malasombra Producións (sábado 17 de novembro), Helena, xuízo a unha lurpia – Teatro do Atlántico (sábado 24 de novembro), Politicamente incorrecto – Sal-Monela Teatro (sábado 1 de decembro).

Todas as funcións comezarán ás 20:30 h. e a entrada será de balde.

A obra deste sábado, Fillos do sol, está escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o poeta Eduardo Pondal, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado.

Cartel ciclo teatro 2018w

PAVILLÓN VICENTE OTERO VALCÁRCEL

O pavillón do Vicente Otero Valcárcel acaba de recibir un bo lavado de fronte. Todo grazas ás actuacións que o Concello de Carral acometeu neste espazo deportivo, unha das áreas máis utilizadas polo alumnado do centro educativo.

PAVILLÓN VICENTE OTERO VALCÁRCEL 1

Entre as actuacións acometidas no pavillón, destacan o pintado de varias paredes e a substitución de uralitas

Estas intervencións, que arrincaron no mes de agosto, termináronse para o inicio do curso escolar. Dentro a lista de actuacións destacan os traballos de pintura que se realizaron nalgunhas paredes do pavillón. O goberno local executou tamén o arranxo das uralitas da cuberta e dos canlóns, a retirada da rede situada no teito e a reposición do equipamento nos vestiarios desta instalación deportiva.

Con todo, estas non serán as únicas tarefas que se efectuarán no edificio. O Concello proxecta, a curto prazo, outros traballos que inclúen, por exemplo, o repaso das liñas de xogo do firme da instalación deportiva.

Pleno Carral

O Concello de Carral celebrou esta mañá un pleno ordinario para declarar a desafección das dúas vivendas que aínda están adscritas ao CPI Vicente Otero Valcárcel. O goberno local analizará agora o estado no que se atopan estes inmobles e que medidas se poderían tomar.

Outra das proposicións aprobadas por unanimidade foi a ratificación de solicitude para que Carral se adhira ao convenio entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, sinalou a necesidade de que o Concello se adhiraa este acordo: ” Malia que Carral non está considerado como un municipio propenso aos incendios, adherirnos garantirá ou establecemento dun sistema de xestión de biomasa”.

Na sesión aprobouse a proposta para destinar o superávit orzamentario a amortizar a débeda. A aprobación levou a cabo co voto a favor do Partido Popular e coas abstencións do PSOE e de Asemblea. O portavoz do PSOE, Pablo Couto, expresou o seu desexo de que o diñeiro do superávit destinásese a ” outras intervencións”. Fernández Mouriño replicó que ” xa se fixeron moitas actuacións”, causa da xeración da débeda , e que a intención do goberno ” é pagar esa débeda canto antes, sobre todo de fronte á próxima lexislatura”. Aprobouse tamén a conta xeral do 2017 co voto do Partido Popular a favor e os do PSOE de Carral e Asemblea en contra.

Por último, a corporación aceptou, por unanimidade, a proposta para fixar as festas laborais locais para o 2019. Así, acordouse que estas coincidan co martes de Entroido e co día de San Juan.

Mocións

Na sesión desta mañá presentáronse dúas mocións, unha de Asemblea de Carral e outra do PSOE. A de Asemblea versou sobre a creación dunha ordenanza e regulación de venda de vehículos en espazos públicos. Fernández Mouriño explicou que “esta situación está indo a menos desde a intervención directa do Concello”. Con todo, tal e como indicou, “todas as propostas sobre este tema serán ben recibidas”, concluíu. A moción contou co respaldo do PP e do PSOE e quedou aprobada por unanimidade.

Doutra banda, a do PSOE centrouse na petición á Xunta para adoptar medidas sobre a crecente poboación de jabalíes. Fernández Mouriño indicoulle ao portavoz socialista, Pablo Couto, que as formulacións presentadas na moción (censo de poboación de jabalíes, inventario de danos causados por este animal no termo municipal, etc.) xa se estaban levando a cabo. De feito, tal e como indicou o alcalde, “cada vez que ou Concello recibe un aviso dun veciño por desfeita a causa dúas xabarís, poñémolo en coñecemento dá autoridade pertinente”. Aínda así, e co obxectivo de reforzar as medidas nesta materia, a moción foi aprobada polo PP e polo PSOE coa abstención da Asemblea.

Rogos e preguntas

No apartado de rogos e preguntas, a Asamblea preguntou polas verteduras incontroladas na área de Marco dás Eiras. O alcalde sinalou que o Concello realizou, no que vai de ano, catro limpezas neste espazo, pero que as verteduras seguen aparecendo. Por esa razón, o goberno local estuda agora outras opcións para disuadir aos infractores, como a instalación de cámaras de seguridade nos arredores. Doutra banda, o PSOE de Carral preguntou pola gasolineira que se proxectaba á beira do IES de Carral. Fernández Mouriño respondeu que esta instalación non cumpre cos informes, pero que, a empresa podería presentar alegacións.