O ximnasio e a piscina do Complexo Deportivo Municipal volverán funcionar esta mesma semana. En concreto, a apertura destas dependencias será o venres ás 12.00 horas. Non obstante, co fin de garantir a seguridade de todos os usuarios e usuarias e a do persoal traballador, o goberno local elaborou un protocolo co que se rexerán ambas instalacións. Como indican desde o equipo de goberno, “agora mesmo a saúde dos veciños e veciñas é a nosa máxima prioridade. Por iso elaboramos un documento con directrices e medidas que sirvan para reducir o risco de contaxio por COVID-19”.

Por unha banda, o ximnasio estará dispoñible para o emprego de máquinas. Así, non estará aberta a zona de spa e tampouco se levarán a cabo as actividades dirixidas habituais. Para garantir a distancia interpersoal de seguridade, o Concello separou as máquinas, empregando para iso a aula dedicada ás actividades. Adicionalmente, o persoal da instalación levará a cabo a limpeza das máquinas despois de cada uso. As persoas interesadas en acudir a estas dependencias non terán que solicitar cita previa. En canto ao horario, o ximnasio abrirá de luns a venres de 9.00 a 15.00 e de 16.00 a 22.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Pola outra, a piscina abre as súas portas de luns a domingo de 12.00 a 21.00 horas. O aforo máximo do recinto será de 75 persoas, mentres que na auga tan só poderán estar 45 persoas de xeito simultáneo. A piscina infantil permitirá pechada porque, atendendo ás indicacións dos organismos sanitarios, o aforo máximo permitido sería dun neno ou nena. O peche desta área permitirá garantir as distancias de seguridade fixadas polas autoridades. Así mesmo, e co fin de cumprir co distanciamento social, o Concello habilitou parcelas independentes de 2,5 metros por 2,5 metros –de uso individual ou por unidade familiar- na instalación. Polo de agora, non se establece un tempo máximo para permanecer na auga. Non será necesario solicitar cita previa e cobrarase a entrada a través de tarxeta.

Segundo explican desde o goberno, estas medidas poderán “sufrir cambios en función das recomendacións e directrices marcadas polos organismos sanitarios”.

O Concello de Carral celebrará este domingo, 28 de xuño, a súa tradicional feira municipal, que contará con máis de medio centenar de postos. Como novidade con respecto ás últimas citas, o mercado do último domingo do mes ampliará a súa oferta. Desta forma, ademais de stands agropecuarios, venderanse tamén artigos téxtiles.

Co fin de cumprir coas distancias entre postos e entre persoas traballadoras, clientes e viandantes, o mercado realizarase nos seguintes puntos:  rúas Víctor Velasco –ata a rotonda- e Belvís –ata o cruzamento coa rúa Méndez Búa-. Ademais, aumentarase a  rúa Campo da Feira. Por tanto, ese día, quedará restrinxido o estacionamento nestas zonas, reservadas para a disposición dos postos.

Para que a cita se desenvolva coas máximas garantías de seguridade, o Concello adoptará as seguintes medidas: colocación de cartelería das medidas hixiénico-sanitarias no acceso á feira, limitación da zona de feira con barreiras e  dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada, fixación de distancia entre postos de, polo menos, 1,5 metros, etc. Os veciños e veciñas que asistan ao mercado deberán levar máscara.

En canto aos artigos téxtiles, os vendedores e vendedoras poderán expoñer unha mostra de pezas representativas da colección, mentres que o resto do xénero estará empaquetado e gardado por tallas. No caso de que as pezas se presenten nunha mesma superficie en tumulto, os compradores e compradoras deberán usar luvas dun só uso.

Cartel Carral Andaina Primavera no Camiño.Carral, como municipio que forma parte da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, participará dunha andaina por un treito da ruta xacobea. Terá lugar en todos os concellos da asociación o sábado 4 de xullo ás 10:00 h.

En Carral o treito que farán os participantes dun xeito seguro será desde a área de descanso de peregrinos da Lameira, en Tabeaio, ata o cruce en Cañás do Camiño Inglés coa estrada CP-1704 a Cambre. Este percorrido, dun pouco máis de 3 km, realizarase nun tempo aproximado de 1 hora.

Para participar na andaina, as persoas interesadas deberán inscribirse antes do xoves 2 de xullo na Casa da Cultura, preferentemente chamando ao teléfono 981 672 580. As prazas son limitadas. As persoas participantes deberán facelo atendendo ás medidas de seguridade, levando máscara e chaleco reflector.

Esta iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés desenvólvese coa intención de promover a ruta xacobea e a reactivación segura do Camiño Inglés.

O Concello de Carral adhriuse á campaña Liberdade de ser e sentir! da Deputación Provincial da Coruña. A iniciativa, que se pon en marcha para conmemorar o Día da Diversidade Sexual -28 de xuño-, busca reivindicar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e da súa identidade de xénero.

Como parte da proposta, estanse a levar a cabo infinidade de actividades, como palestras en liña, concursos, contacontos, etc. Botádelle un ollo á programación completa.

 

Liberade de ser e sentir _ Imaxe

CARTEL sen datos webA Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e grazas á colaboración do Concello de Carral e máis a Fundación Penzol, reabre este xoves 25 de xuño a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”. A inauguración tivo lugar orixinalmente o martes 10 de marzo ás 13.00h no Local da Xuventude do Concello de Carral, pero apenas 2 días despois tiveron que suspernderse as visitas tras as recomendacións da Xunta de Galicia e a posterior crise sanitaria.

A exposción, con textos en galego, castelán e inglés estará aberta entre o 25 de xuño e o 12 de xullo e está destinada a todos os públicos. Debido ás medidas de seguirdade e ao control de aforo da entrada á exposición, o horario será de 10 a 13 horas, con necesidade de cita previa no teléfono 981 11 70 20 ou consultando á chegada das instalacións a posibilidade de visita atendendo ao aforo permitido.

A EXPOSICIÓN

O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia, Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da unidade cultural europea. A exposición bota as súas raíces nos traballos do medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor por Galicia.

Coincidindo coa exposición, a Fundación Carlos Casares pon a disposición dos usuarios unha sección específica da páxina web da fundación que permitirá ampliar os coñecementos sobre os aspectos que se desenvolven na exposición, con textos –ademais de en galego- en castelán e inglés, con reproducción de audio nestes idiomas para a súa consulta por parte de persoas con dificultades visuais.

Tamén estará a disposición do público, especialmente o máis novo (8-14 anos), unha guía didáctica chamada “Busca-busca”, no que se deberá indagar nos paneis para obter unha resposta a certos retos presentados.

A Biblioteca da Casa da Cultura abrirá a partir do 22 de xuño con todos os seus servizos, aínda que se manteñen restricións e recomendacións para evitar os efectos do open-book-1428428_1920coronavirus.

Os servizos que se prestarán serán os de préstamo, lectura en sala e uso de ordenadores públicos. O horario será de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres. A biblioteca infantil situada na rúa do Castro permanecerá pechada, pero poderase dispor do seu fondo solicitando obras na da Casa da Cultura.

O protocolo que se manterá na Biblioteca é o seguinte:

  1. Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
  2. Servizos que se ofrecen:
    • Préstamo de libros e audiovisuais
    • Lectura en sala
    • Uso dos ordenadores públicos
  3. A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.
  4. O aforo queda fixado en 23 persoas.
  5. O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.
  6. É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.
  7. O préstamo farase nas seguintes condicións:
    • As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .
    • Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.
    • Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.
    • Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
    • Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:
      1. Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.
      2. Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa
      3. Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.
  1. A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.
  2. Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.
  3. Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.
  4. O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.
  5. Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.
  6. Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.

Co inicio da crise sanitaria, o Concello de Carral puxo en marcha diferentes medidas para frear o impacto o COVID-19 no municipio. Entre elas, o goberno local arrincou un servizo de impresión e repartición a domicilio de tarefas escolares para as familias con menos recursos de Carral. Agora, co fin do ano académico, o Concello clausura a esta prestación, da que se beneficiaron medio centenar de alumnos e alumnas de educación Primaria e Secundaria.

Como indica o goberno local, o obxectivo era que “o alumnado puidese continuar coa súa formación a distancia. Non queriamos que a emerxencia sanitaria frease a súa aprendizaxe”.

De acordo co equipo docente, os centros de ensino remitían ao Concello as tarefas e os datos de cada estudante para realizar as entregas todos os martes. En total, esta prestación funcionou durante 12 semanas.

A maiores, o persoal municipal asumiu tamén a repartición a domicilio de libros, cadernos e material de actividades extraescolares.

O Concello de Carral celebrou hoxe, luns 15 de xuño, un pleno extraordinario no que se aprobaron, de xeito inicial, os orzamentos de 2020. Con respecto ao 2019, o apartado de gastos experimentou un crecemento dun 0,87%, ascendendo a 5.492.626,02 euros, mentres que o de ingresos subiu un 3,28%, chegando aos 5.629.418,77 euros. Desta forma, o documento orzamentario reflicte un superávit por importe de 136.792,75 euros, necesario para facer fronte ao remanente de tesourería negativo derivado da liquidación do exercicio de 2019.

Trátase, tal e como inciden desde o goberno local, dunha proposta orzamentaria que “estivo moi condicionada pola débeda contraída polo anterior goberno”. Así mesmo, sinalan que “se produciu un atraso na aprobación do documento debido á emerxencia sanitaria. A mesma semana na que se decretou ou estado de alarma tiñamos a mesa laboral previa á presentación do presuposto non pleno”. A emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus supuxo “a modificación dos orzamentos para adaptar as partidas ao protocolo de actuación do COVID-19”.

Para facer fronte á crise sanitaria, o goberno local tivo que anular partidas de festas, eventos e excursións, destinando estas contías a Servizos Sociais, así como á adopción doutras medidas de carácter urxente para paliar os efectos do COVID-19 no municipio: apoio á conciliación, adaptación das instalacións, formación e adquisición de EPIS para traballadores/ as, etc. Dentro de Servizos Sociais, a partida de Emerxencia Social pasou dos 10.000 euros do 2019 aos 51.000 euros consignados no orzamento de 2020. Así mesmo, aumentouse o importe do Comedor sobre rodas, que pasou do 750 euros (2019) aos 1.800 euros de 2020. Por último, a partida de dependencia pasou dos 160.000 euros, no 2019, aos 380.000 euros do exercicio actual e libre concorrencia de 190.000 (2019) a 280.000 (2020).

Un millón en investimentos

O documento do 2020 presenta un estado de gastos que ascende a 5.492.626,02 euros. Como parte do informe, o Concello aposta polos investimentos, que ascenden a máis de 1 millón de euros. Esta suma utilizarase para levar a cabo proxectos que sirvan para incrementar e mellorar os servizos e infraestruturas para os veciños e veciñas do municipio. Entre eles, destacan os que se acometerán a través dos fondos provinciais do POS+2020 da Deputación da Coruña: acondicionamento do pavillón polideportivo municipal O Espiño, construción dun muro de contención de granito, acondicionamento da contorna para aparcamento no lugar de Bacelo (Santa Baia de Cañás) e mellora da senda peonil de acceso ao área recreativa da Brexa.

O documento de 2020 reflicte tamén un aumento do Gasto de Persoal (1.820.331,10 euros) debido á suma de dúas prazas de Policía e un electricista. Así mesmo, preséntase tamén un lixeiro incremento do gasto en Bens Correntes e Servizos (1.886.572,94 euros).

De acordo coa Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes de Galicia, deberase presentar comunicación previa ao Concello para a realización de cacharelas na festividade de San Xoán.

Esta comunicación previa só será para espazos privados. Non se dará autorización para fogueiras en espazos públicos.

Isto estará suxeito ás condicións legais relacionadas co estado de alarma e demais medidas sanitarias relacionadas co COVID-19 vixentes no momento.

Os veciños e veciñas que precisen máis información poderán contactar co servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral no teléfono 678 33 88 96.

A Biblioteca municipal da Casa da Cultura retoma a súa actividade a partir do luns 8 de xuño. Farao co servizo de préstamo que se realizará coas seguintes premisas:Casa Cultura Carral - 5w

Servizo de préstamo (só na biblioteca da Casa da Cultura):

  • Realizarase con cita previa chamando ao 981 672 580 entre as 8:30 e as 14:00 h. de luns a venres.
  • O horario para a entrega de libros previamente solicitados será entre as 10:30 e as 13:30 h. de luns a venres.
  • A devolución de exemplares pódese facer no buzón externo da Casa da Cultura a calquera hora.
  • Para a consulta de dispoñibilidade e reserva dos libros desexados, accederase ao catálogo en liña a través da páxina web https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
  • En caso de problemas para o acceso en liña ao catálogo, as persoas interesadas poderán consultar a dispoñibilidade telefonicamente ou no correo biblioteca@carral.es indicando o título e autor/a do libro ou título do audiovisual.
  • Pódense solicitar tamén libros e audiovisuais dispoñibles do catálogo infantil.
  • Servizos NON dispoñibles:
    • Visita á biblioteca infantil
    • Lectura na sala
    • Consulta presencial do fondo
    • Uso dos ordenadores públicos

Observacións e normas xerais:

  • Se ten síntomas ou está diagnosticado de Covid-19, non acuda á biblioteca.
  • O servizo de préstamo bibliotecario realizarase no mostrador da recepción da Casa da Cultura.
  • Só se permite a presenza no interior da Casa da Cultura dunha persoa.
  • A Casa da Cultura permanecerá pechada para os restantes servizos que habitualmente presta.
  • As persoas con cita previa non serán atendidas antes da hora fixada, e deberán agardar no exterior da Casa da Cultura a que sexan convidadas a acceder ao interior. Mentres agardan, respectarán a distancia de seguridade interpersoal.
  • Para a recollida de libros será necesario presentar o carné da biblioteca.
  • Recoméndase que acudan en solitario á biblioteca.
  • Os menores de 14 anos acudirán acompañados dun adulto responsable.
  • É obrigatorio o uso de máscara de seguridade.
  • Recoméndase limpar as mans con hidroxel tanto ao acceder como ao abandonar a Casa da Cultura.
  • Non se poderá facer uso dos aseos.
  • Permaneza nas dependencias o tempo exclusivamente necesario para o trámite do préstamo.
  • Siga en todo momento as indicacións do persoal.

Segundo avance o proceso de desescalada das medidas protectoras contra o Covid-19, o Concello de Carral irá recuperando servizos da biblioteca que se irán comunicando con antelación.