Misión: Imposible – Fallout, protagonizada por Tom Cruise, é a película que se proxecta este venres para rematar o ciclo Cine na Casa da Cultura ás 20:30 h.

Esta é a sexta película de thriller de espionaxe da saga Misión Imposible e ao igual que as anteriores, ofrece acción trepidante e efectos visuais espectaculares.

Para gozar do filme é necesario reservar convites chamando ao 981 672 580.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza o concurso de postais de Nadal para nenas/os de entre 3 e 9 anos. As bases do concurso son as seguintes:

 

BASES CONCURSO INFANTIL POSTAIS DE NADAL

“FELICÍTANOS O NADAL 2020”

  1. O concurso terá dúas categorías:
  • Nenos/as de 3 a 5 anos.
  • Nenos/as de 6 a 9 anos.

 

  1. O contido das postais debe facer referencia ó Nadal, en galego.

 

  1. O xurado do concurso, composto polo concelleiro do departamento de Xuventude, e o informador xuvenil, valorará o contido, a orixinalidade e creatividade da postal, na que se pode incluír debuxos, recortes, frases en galego, e todo o que se lles ocorra os rapaces e rapazas.

 

  1. Haberá dous premios, un para cada categoría, para a gañadora ou gañador, e ademais tódolos participantes recibirán un diploma e un agasallo.

 

  1. Deberase introducir a postal de nadal nos sobres que atoparas na OMIX (Local Interxeracional) ou na Casa da Cultura, e no que terás que escribir o teu nome e apelidos, así coma o teu telefono e a túa idade, e depositalo nunha urna que atoparas en ditas instalacións municipais.

 

  1. O derradeiro día para presentar as postais será o martes día 22 de decembro de 2020.

 

  1. Chamarase a todas/os as/os participantes para que pasen a recoller o seu premio ou o seu agasallo.

O ciclo Elas Son Artistas pasa esta fin de semana por Carral cun obradoiro de pintura mural e co concerto de Lau, cantante do veciño concello de Cambre.

O obradoiro de pintura mural levarase a cabo durante o sábado e o domingo materializándose nun mural na Piscina de Paleo. No mesmo recinto, ás 18:00 h. do domingo, Lau ofrecerá unha actuación mentres as mozas do obradoiro rematan a súa obra.

Para o concerto recoméndase a reserva de convites chamando ata as 20:00 h. de hoxe venres ao 981 672 580.

Senior - esgotadasTeatro de Outono de Carral ofrece este sábado a produción de Culturactiva Sénior en Tabeaio. O espectáculo protagonizadCARTEL-LOLOEMAMA-CARRALo por Luis Iglesia e Marcos Orsi esgotou xa todas as entradas.

Sénior é un espectáculo no que dous homes describen as situacións que padecen por estar a sufrir a crise dos 50.

As próximas funcións do ciclo de teatro son Loló e mamá da compañía De Ste Xeito Producións, que terá lugar o 5 de decembro, e Cartoons, unha obra para toda a familia de Producións Teatrais Excéntricas que pechará a programación teatral o 12 de decembro. Para cada función hai que reservar convites chamando ao 981 672 580 a partir do luns da semana na que se programa o espectáculo.

O Concello celebrará mañá, xoves 26 de novembro, un pleno ordinario no que o goberno elevará un recoñecemento extraxudicial de créditos de preto de 15.000 euros. A aprobación desta proposta servirá para pagar facturas pendentes do anterior executivo de Carral. En concreto, a suma correspóndese coas facturas do Servizo de Axuda no Fogar entre os meses de febreiro e maio de 2019.

Trátase do segundo recoñecemento extraxudicial de créditos que o Concello presenta no que vai de ano. O primeiro, de 82.000 euros, aprobouse en xaneiro de 2020 e correspondíase tamén ao pago de facturas do goberno anterior –tratábase de cargos relacionados coa subministración eléctrica e o gasóleo, fundamentalmente-.

O coidado do medio ambiente, unha máxima

A sesión plenaria de mañá servirá, así mesmo, para aprobar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible –PACES-, un dos compromisos alcanzados polo Concello tras a súa adhesión ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía. Trátase dun documento estratéxico, non só para analizar as accións que o Concello levou a cabo para mitigar os efectos do cambio climático, senón tamén a liña de actuación dos próximos anos. O plan inclúe un Inventario de Emisións – IER-, unha avaliación de riscos e vulnerabilidades #ante o cambio climático e unha relación de accións que o Concello deberá implementar para reducir as emisións de CO2 no territorio en, polo menos, un 40% ata 2030.

As medidas propostas polo Concello para reducir estas emisións baséanse nas seguintes actuacións: instalación de iluminación LED, colocación de placas solares, implantación de sistemas de alta eficiencia enerxética en sistemas de bombeo, formación de empregados municipais e veciños e veciñas, Plan de Movilidad Sostible e compostaxe.

Na mesma liña, o executivo propoñerá a aprobación inicial do Plan Municipal de Prevención contra vos Incendios Forestais. Neste documento delimítanse as zonas con maior risco, perigo ou vulnerabilidade #ante un incendio para unha maior prevención.

De aprobarse este documento, abrirase un período de información pública durante 20 días e, posteriormente, enviarase a solicitude de informa á Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Os xoves e venres, a partir do 26 de novembro, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza un torneo de tenis de mesa para mozas e mozos de entre 13 e 17 anos.

Se estas interesado/a en participar ou precisas mais información, tes que enviar un correo electrónico a omix@carral.es. Enviarémosche a ficha de inscrición e terás que reenviárnola cuberta.

Recordámosche que tes que cumprir a normativa COVID, uso da mascarilla, o lavado de mans e manter a distancia de seguridade.

 

Cartel (Imaxe)

Co fin de adaptar o día a día no Complexo Deportivo Municipal á nova normalidade, o Concello de Carral elaborou un estrito protocolo para garantir a seguridade dos usuarios e usuarias. Este documento inclúe medidas que afectan, non só no emprego do ximnasio, senón tamén no desenvolvemento das actividades gratuítas dirixidas para socios e socias. A oferta inclúe zumba, abdominais, pilates, global training, circuit training, core, gap, step tonic e body tonic. Así mesmo, organízanse tamén clases de pilates –de pago- que responden ao mesmo protocolo.

Como parte do mesmo, establécese un número máximo de 5 alumnos/alumnas máis o monitor/a por grupo. Isto é, a aula conta con 17 m2 por persoa. Para participar, os socios e socias deben facer previamente a súa reserva na recepción da dependencia. A desinfección de mans e o emprego da máscara é obrigatorio ao longo de toda a actividade –procurando, ademais, ventilar o espazo-. Antes e despois de cada sesión, lévase a cabo a ventilación, a limpeza e desinfección do material empregado e frégase o chan.

En total, unhas 30-40 persoas fan uso do ximnasio do Complexo Deportivo ao longo do día. Pola outra banda, as actividades dirixidas reciben, de media, a unhas 60 persoas á semana. 

FOTO CARRAL- Actividades dirixidas complexo deportivo 2

O Concello celebrará, esta semana, un pleno extraordinario para elevar a proposta de creación dun servizo de tesourería conxunto cos Concellos de Abegondo e Bergondo. Inicialmente, esta agrupación estaría constituída tamén por Miño. Con todo, este último Concello ocupou xa a vacante, polo que o resto de Concellos teñen que volver aprobar esta proposta en pleno.

Actualmente, os Concellos contan con habilitados nacionais en Secretaría e Intervención, pero non en Tesourería, dada a dificultade que supoñería para cada un de forma individual tendo en conta a carga de traballo existente -sobre todo, tendo en conta que, tanto Carral como Abegondo e Bergondo teñen boa parte da recadación delegada na Deputación Provincial da Coruña-. Por esa razón, os tres concellos apostan por compartir o servizo cun mesmo habilitado.

O pleno servirá, así mesmo, para aprobar o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Transporte Metropolitano da Coruña. A contía que o Concello consignará, anualmente, entre o 2021 e o 2024 para o desenvolvemento conxunto deste servizo será de 11.021,14 euros, aproximadamente. Desde o goberno local lembran as melloras implementadas no servizo de transporte grazas ás alegacións presentadas polo Concello no seu momento. Entre elas, destaca a incorporación da conexión cara a Os Campóns (Cambre) e o aumento de frecuencias na liña que conecta con Betanzos. Así mesmo, outra das novidades máis importantes será para os veciños e veciñas de Cabrois, que dispoñerán dunha parada nas liñas que conectan Entrexardíns e a Urbanización Monte Xalo.

Implantación dun sistema de xestión documental

Outro dos asuntos que se elevarán ao pleno extraordinario será a adhesión do Concello ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a implantación do sistema de xestión documental ARQA nos arquivos públicos municipais. Por medio deste convenio, o Concello comprométese, entre outras cuestións, ás seguintes:

  • Colaborar no proceso de migración de datos dos arquivos ao novo programa de xestión documental.
  • Asumir sobre o control de aplicación, así como das altas e baixas dos usuarios e usuarias.
  • Colaborar coa Xunta na formación e mellora dos encargados dos servizos de xestión documental.
  • Cooperar na actualización dos datos do Censo de Arquivos de Galicia e na elaboración de estatísticas.
  • Cooperar na difusión dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais.

O Concello de Carral abrirá mañá, venres 6 de novembro, o prazo para solicitar as axudas do PEL-Reactiva da Deputación Provincial da Coruña. A contía do programa, de 112.962 euros, servirá para axudar ás microempresas e autónomos con domicilio fiscal en Carral. Do total, o 80% das axudas serán achegados polo ente provincial e o 20% polo Concello. Como explican desde o goberno local, “estas axudas son fundamentais para apoiar a uns dous sectores máis afectados pola crise dá COVID-19”.

Esta prestación está dirixida a persoas traballadoras autónomas –con ou sen empregados ao seu cargo- e a microempresas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Que se visen afectados polo peche do seu negocio debido ao decreto do estado de alarma do pasado 14 de marzo.
  • Que percibisen un descenso na súa facturación no 2º trimestre fiscal de 2020 de, polo menos, un 75% en comparación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.
  • Que se visen na obrigación de acollerse a un Expediente de Regulación Temporal de Emprego – ERTE-.

As contías oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros segundo os requisitos que cumpra a persoa traballadora autónoma ou microempresa. Como parte dos gastos subvencionables, atópanse os seguintes: compra de material –material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza-, alugueres, renting e canons –maquinaria, vehículos, locais, instalacións, reparación e conservación –adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19-, primas seguros, subministracións –auga, gas, combustibles e electricidade-.

O prazo de solicitude estará abierto desde mañá ata o 25 de novembro. As demandas derán realizarse a través da sede electrónica del Concello de Carral.

O campo de fútbol Borja Rodríguez Ans loce, desde o pasado venres, un novo sistema de iluminación. O Concello de Carral acaba de concluír as obras para instalar o alumeado, tanto no terreo de xogo como nos vestiarios da instalación deportiva. Con estas intervencións, o goberno local aposta, unha vez máis, pola eficiencia enerxética. Tanto é así, que segundo as previsións do equipo de goberno, este investimento suporá un aforro de 3.000 euros ao ano.

O proxecto, que contou cun investimento de 14.682,56 euros máis IVE, consistiu na substitución das oito luminarias halóxenas existentes por 16 unidades LED (catro por torre). Esta tecnoloxía traerá consigo unha importante redución no consumo enerxético, que pasará dos 16 aos 8 kW/h, co seu correspondente aforro económico.

A maiores, a incorporación deste sistema suporá tamén unha mellora dos niveis luminosos para a práctica deportiva, corrixindo os déficits que esta dependencia presentaba en canto a alumeado.

O Concello renovou tamén as luces nos vestiarios e duchas, cambiándoas por outras de tipo LED, que mellorarán as condicións lumínicas e ofrecerán unha maior durabilidade.

FOTO CARRAL- Campo de fútbol Carral 2