CARRAL SOBRE RODAS NO IX DÍA DO PATÍN

Este domingo 23 de outubro, 112 afeccionados aos patíns de toda a Comarca, gozaron en Carral de numerosas actividades. 

SONY DSC

Roller-Fítness

Este pasado domingo o Concello de Carral, o club de patinaxe Alquimia e o Club Alquimia Inline organizaron o IX Día do Patín no Complexo Polideportivo de Carral. Este evento, que nesta alcanza a súa 9ª edición, ten a finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través desta disciplina deportiva.

Acudiron á cita os clubs e escolas da Coruña, Cambre, Arteixo, Ordes e por suposto o club Alquimia e a escola municipal de patinaxe, ambos de Carral, ademais de numerosos afeccionados a este deporte. A actividade comezou sobre das 11.00 da mañá e prolongouse ata as 19.00 h, facendo unha pequena pausa ao mediodía para comer. Durante o día levaron a cabo actividades lúdicas como a decoración e pintado de patíns e camisetas, proxección de gravacións de campionatos da especialidade e clases de iniciación para aqueles que nunca se puxeron uns patíns, xogos para os máis pequenos, elaboración de coreografías, etc. Ademais este ano, incorporáronse clases de Roller-Fitness, FreeStyle, patinaxe en liña e exhibicións de patinaxe de velocidade.

Fotos