CARRAL RECOLLEU 200 QUILOS DE ALIMENTOS E 105 LITROS DE LEITE PARA AS FAMILIAS DESFAVORECIDAS NA XVI FESTA DO PAN

posted in: Novas Concello | 0

A XVI Festa do Pan de Carral foi un auténtico éxito, e non só en termos de participación, senón tamén en índice de solidariedade. E é que, durante esta coñecida cita gastronómica, que tivo lugar o 12 e 13 de maio, recolléronse 200 quilos de alimentos e 105 litros de leite.

Carral recolleu 200 quilos de alimentos e 105 litros de leite para as familias con necesidades do municipio durante a XVI Festa do Pan
Moitos foron os que se achegaron ao stand para intercambiar libros por alimentos non perecedoiros

Todo a través da VII Campaña Libros Solidarios, na que se intercambiaron libros por alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene. Estes produtos irán destinados ás familias con necesidades do municipio.