CARRAL ESTREITA VÍNCULOS COA CIDADE FRANCESA DE ANNECY A TRAVÉS DUN PROGRAMA DE INTERCAMBIO

posted in: Novas Concello | 0
Carral practicou, durante unha semana, o seu acento francés. E fíxoo a través dun programa de intercambio que 27 alumnos do IES de Carral e do David Buján (Cambre) levaron a cabo con outros 27 homólogos do Collègue Privei La Salle (Annecy, Francia).
O salón de plenos do Concello de Carral acolleu o xoves 14 de febreiro a recepción oficial do alumnado participante no programa. Ao acto asistiron o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, o concelleiro de Turismo, Patrimonio e Xuventude de Cambre, Ramón Boga, e responsables e profesores dos tres centros.
Fernández Mouriño aproveitou o encontro para darlles “a benvida” aos mozos franceses, así como para sinalar “o gran éxito co que conta sempre esta iniciativa”. Pola súa banda, a directora do IES, Verónica Mosquera, destacou “a gran cohesión que existe entre Carral, Cambre e Francia grazas a esta experiencia”. O acto rematou coa entrega de diplomas acreditativos aos mozos e mozas franceses, así como coa degustación dunha maridaxe en grao sumo especial: pan de Carral e queixo francés.
Ao final do acto, os alumnos degustaron unha maridaxe especial: pan de Carral e queixo francés
Ao final do acto, os alumnos degustaron unha maridaxe especial: pan de Carral e queixo francés
Durante seis días, os estudantes franceses puideron coñecer a fondo o municipio carralés. En marzo, serán os de Carral e Cambre os que se despracen ata Annecy para completar a experiencia.