Carral creará un novo parque infantil na parroquia de San Vicente de Vigo

posted in: Novas Concello | 0

O Concello de Carral busca sumar novos servizos e infraestruturas para os veciños e veciñas de todo o termo municipal. Baixo esta premisa, un dos próximos plans do equipo de goberno é a instalación dun novo parque infantil no Lugar de Abrigosa, na parroquia de San Vicente de Vigo.

Trátase dun procedemento de urxencia, polo que as empresas poderán presentar ofertas ata o próximo 20 de agosto. A continuación, a compañía adxudicataria deberá executar as obras nun prazo de dous meses. Este novo parque infantil estará situado na contorna da igrexa de San Vicente de Vigo. En concreto, situarase nunha leira cedida, no seu momento, polo Arcebispado de Santiago.

O proxecto de construción incluirá a adaptación do terreo para a construción do parque, a instalación dun valo perimetral que bordeará a zona recreativa e a suministración de xogos: un multijuego conxunto, unha randeeira dobre e dúas balancines de peirao.

Esta instalación realizarase cun orzamento total de 60.500 euros, e responderá a unha vella demanda dos veciños e veciñas da parroquia, que levaban tempo solicitando a creación deste parque infantil.