CARRAL CONVOCA OS CURSOS DE NATACIÓN PARA XULLO

posted in: Novas Concello | 0

Un ano máis, con motivo da apertura das piscinas estivais, o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. As datas previstas para estes cursos serán dende o 1 ao 31 de xullo e do 3 ao 31 de agosto.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00 h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, (tlfo. 981.67.25.80) ata o día 30 deste mes.