CARRAL CLAUSURA OS CURSOS DE NATACIÓN DE VERÁN

posted in: Novas Concello | 0

Un total de 55 nenos e nenas participaron das clases que se impartiron durante o mes de agosto.

111Este venres 30 de agosto clausuraranse os cursos de natación que se viñeron desenvolvendo durante todo o mes nas piscinas exteriores de Carral.

Durante este día os nenos e nenas poderán gozar dunha xornada totalmente lúdica, con xogos libres e actividades cos propios monitores. Ao termo das mesmas o concelleiro de deportes, Francisco Belo, fará entrega dos diplomas e agasallos a todos os participantes.

Estas clases están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Os alumnos distribuíronse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo establecéronse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases impartíronse en horario de mañá, entre as 11.30 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases foron impartidas por monitores especialistas, e tiveron unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista.