CARRAL CLAUSURA O SEU XVI TROFEO DE TIRO OLÍMPICO

posted in: Novas Concello | 0

Este sábado terá lugar a entrega dos trofeos deste torneo anual.17021598_1887335891506729_2471112010428834513_nEste sábado, a partir das 20.00  h, terá lugar a entrega dos trofeos do  XVI Torneo de Tiro Olímpico de Carral que reuniu a máis de 60 tiradores durante o ano 2018. Este evento deportivo disputouse ao longo do pasado ano (o segundo sábado de cada mes desde as 10.30 – 14.30  h e de 16.00 a 19.30  h), e estivo organizado polo Club de Tiro Olímpico da localidade coa colaboración do Concello de Carral. Ademais, no mesmo acto inaugurarase a  XVII edición, celebrando a primeira concentración do ano.

Na edición do 2018, participaron 62 tiradores de toda a provincia divididos en 12 categorías e 3 modalidades diferentes, que abarcaron todas as idades e ambos os xéneros. O paulatino incremento de participantes fai que ano tras ano, esta competición se vaia consolidando como un dos torneos  amateur máis importantes na Comarca.

O acto de entrega de trofeos e diplomas terá lugar nunha festa de clausura deste sábado, ao redor das 20.00  h, xusto despois de terminar a primeira tirada da  XVII edición deste torneo que se disputará ao longo deste ano 2019 e na que xa están inscritos máis tiradores que a edición pasada.

Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.