CARRAL CELEBRA A VIII EDICIÓN DO TROFEO DE TIRO CON ARCO “CONCELLO DE CARRAL”

posted in: Novas Concello | 0

Este sábado terá lugar unha nova edición deste trofeo carralés de Tiro con Arco.

CartelEste sábado 12 de decembro, disputarase no pavillón municipal do Espiño a 8ª edición do Trofeo “Concello de Carral” de tiro con arco. Este evento está organizado polo Concello de Carral e o club arqueiros do Adarve. O seu obxectivo, o fomento unha práctica deportiva saudable entre os máis novos da localidade carralesa.

Na competición tomarán parte 7 escolas/clubs deportivos de diversos puntos da xeografía coruñesa como A Coruña, Betanzos, Ordes, Teo, Boimorto e Carral. En total o evento acollerá a máis de 80 tiradores.

Está previsto que a xornada comece sobre as 17.30 h. A competición cun formato por puntuación, constará de 6 categorías que agrupaban a todos os porteiros; esquío, benxamíns (masculino e feminino), alevíns, infantís, noveis (masculino e feminino) e sénior.

Agárdase rematar o torneo ao redor das 19.00 h, momento no que todos os participantes poderán degustar uns “entremeses” ofrecidos polo club, mentres os xuíces do acto ditaminaban as puntuacións finais. Unha vez aclarados os postos, farase entrega dos trofeos aos tres mellores porteiros de cada categoría ademais dun diploma para cada participante.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981. 672.580 no mail deportes@carral.es.