CARRAL APROBA DE FORMA DEFINITIVA OS ORZAMENTOS DO 2019 CUN CRECEMENTO DUN 4,29% E 5,5 MILLÓNS DE EUROS

posted in: Novas Concello | 0

O Concello de Carral celebrou o xoves 31 de xaneiro unha sesión ordinaria de pleno na que os orzamentos do 2019 aprobáronse de forma definitiva. Este documento mantén a tendencia de crecemento dos últimos anos. De feito, con respecto ao do exercicio de 2018, os orzamentos presentan un aumento do 4,29%, achegándose aos 5,5 millóns de euros.

Dentro dos mesmos, o Concello aposta unha vez máis polos investimentos, que creceron con respecto ao último ano. En 2019, este apartado ascende a 1.208.778,26 euros. A proposta orzamentaria saíu adiante co voto a favor do Partido Popular e cos do Partido Socialista e Asamblea de Carral en contra.
Por outra banda, o pleno serviu para dar luz verde a un expediente extraxudicial de crédito por importe de 196.000 euros que servirá para pagar servizos como o de axuda no fogar, o de limpeza de vías ou o de xestión do centro polideportivo. Durante a sesión, o Partido Socialista e Asamblea de Carral preguntaron pola contratación destes servizos. O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, explicou que “o secretario está traballando para sacar a contratación todos eses servizos”, e engadiu que “non lle pode pedir que faga máis do que está facendo xa”. Pola súa banda, o secretario, presente tamén no pleno, coincidiu coas declaracións do rexedor e agregou que “está pendente de que lestes servizos saían a contratación canto antes”. Este punto aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno, co voto en contra de Asemblea e coa abstención do Partido Socialista.
Mocións
Na sesión elevouse unha moción presentada por Asemblea de Carral. En concreto, o portavoz presentou unha moción sobre a modificación dos aparcadoiros e espazos para adaptalos a persoas con mobilidade reducida e que xa fora apoiada no seu momento.
O alcalde rexeitou a urxencia desta moción, xa que, tal e como indicou, ” as adaptacións estanse realizando a medida que se actúa nas diferentes rúas do concello”. O caso máis recente é a intervención que se está realizando na rúa Francisco Javier Alvajar. Neste punto do municipio están a acondicionarse as beirarrúas para adaptalas para persoas con mobilidade reducida.
Rogos e preguntas
No apartado de rogos e preguntas, o Partido Socialista preguntou polo avance do recente acordo entre o Concello e o Sepes para a ampliación do polígono de Vos Capelos. Fernández Mouriño sinalou que “actualmente, tanto vos técnicos do Sepes como vos encargados de redactar ou PXOM de Carral están a traballar para facer unha modificación puntual”.