CARRAL ACOLLE A ESTREA DO DOCUMENTAL SOBRE OS MÁRTIRES

posted in: Novas Concello | 0

A productora galega Findaterra, formada por Cristina González e a veciña de Quembre, Noemia Moar, en colaboración co concello de Carral, presenta o documental A última páxina escribiuse con sangue.

A proxección terá lugar o día 15 de abril, no edificio social Toñito Espiñeira en Carral, ás 21.30 h. e contará ademais coa actuación do músico Miro Casabella.

A última páxina escribiuse con sangue é un documental histórico sobre o levantamento de 1846, unha parte da nosa historia esquecida e ata descoñecida, ainda que foi o único golpe de estado iniciado en Galicia.

Tras unha exhaustiva labor de documentación, A última páxina escribiuse con sangue trata de dar a coñecer como sucederon realmente os feitos dunha maneira obxectiva e rigorosa. Uns feitos que puideron cambiar a historia política e monárquica de España, nos que Galicia tería o papel fundamental.

A entrada á estrea é libre ata completar o aforo.

Cartel documental sobre os Mártires.