CARRAL ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN

Os nenos e nenas  carraleses acudirán entre o 8 e o 13 de xullo.

O Concello de Carral acaba de abrir o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos que terán lugar durante o mes de xullo e que están organizados e financiados pola Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos provinciais que tramitan as inscricións.

Estes campamentos deportivos, están dirixidos a raparigos e raparigas de entre 9 e 14 anos que poderán realizar multitude de actividades deportivas tales como actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleibol,  voleipraia, baloncesto, etc., así como visitas a centros culturais na cidade da Coruña.  Os raparigos/ as estarán aloxados durante unha semana no Colexio Calvo Sotelo.

O custo por neno/a é de 85 € que inclúe o transporte interno no campamento, o aloxamento en pensión completa, as actividades deportivas e as visitas culturais. Os asistentes de Carral acudirán na semana do 8 ao 13 de xullo e teñen ata o 15 de xuño para informarse e apuntarse nas dependencias municipais da Casa da Cultura, no  tlfo. 981.67.25.80 ou no  mail deportes@carral.es. Campamentos deportivos 2018 - cartel 280x495