CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 17/18 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS

As Concellerías de Deportes, Cultura e Educación ofertan case medio centenar de actividades para este novo curso.

Folleto.- Portada 2017-2018Un ano máis o Concello de Carral pon en marcha o seu programa de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas que busca como obxectivo fundamental mellorar a calidade de vida dos veciños, propoñendo novas formas de ocupación do tempo de lecer e achegando unha práctica física saudable, que contribúan ao desenvolvemento persoal e socio-afectivo dos cidadáns, ademais de crear un hábito deportivo nas xentes de Carral.

Para iso as concellerías responsables do programa ofertan para este curso 17/18, unha enorme variedade de actividades deportivas, culturais e educativo-formativas: dende as actividades máis clásicas como fútbol sala, judo, patinaxe, ximnasia rítmica, zumba, fotografía, teares e tapices, etc., ata disciplinas máis minoritarias -pero non por iso menos atractivas- como tiro con arco ou tiro olímpico. Ademais o concello realizou unha ampla oferta en todas as parroquias dá  localidade, coas ximnasias de mantemento, as manualidades, os labores, etc,  proporcionando a opción  de que    toda  a  poboación   do  municipio   teña  acceso a unha gran  variedade  de actividades   deportivas, culturais e educativas. En canto ás idades, desde o ente municipal búscase chegar a todo o abanico poboacional, xa que algunhas das actividades ofértanse para nenos/as desde os 6 meses, como natación para bebés.

En canto ás actividades máis demandadas, atópanse Pilates, con máis de 70 inscritos en cursos pasados, Ximnasia rítmica, con máis de 60, Judo, con case 70 Folleto 17-18.- Contraportadaalumnos/as e Patinaxe e Ioga con máis de 40 inscritos cada unha

Como novidades este ano cabe destacar a oferta de actividades como Zumba Kids, psicomotricidade e bailes latinos.  En total son 46 as escolas municipais que comezarán a partir do 2 de outubro, nas que se agarda reunir a máis de 700 alumnos/as.

 

Para todos aqueles interesados, poden achegarse polas dependencias municipais da Casa da Cultura (981.67.25.80)

 

Folleto Escolas 17-18.optimizado

Boletín Inscripción 17-18