CARRAL ABRE A INSCRICIÓN DOS CURSOS DE NATACIÓN PARA AGOSTO

posted in: Novas Concello | 0

En xullo foron 102 os nenos e nenas inscritos nas clases municipais de natación.

 A partir do luns 13 de xullo, o concello de Carral abre o prazo de inscrición nos cursos de natación para o mes de agosto. Estes cursos están dirixidos a alumnos de entre 3 e 16 anos, desenvolveranse entre o día 1 e o 31 de agosto e neles os nenos/ás aprenderán ou perfeccionarán as súas habilidades sobre a auga.

 

Os cursos organizaranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases terán lugar todos os días de luns a venres en horario de mañá (de 12.00 a 13.00 o grupo dos maiores, e de 13.00 a 14.00 o grupo dos pequenos), e serán impartidos por monitores especialistas na modalidade. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

 

Durante o mes de xullo foron máis de 100 os alumnos e alumnas inscritas nestes cursos, algúns para aprender e outros para mellorar os seus coñecementos natatorios. Por esta razón e debido ao interese que nos están a transmitir os usuarios, esperamos que en agosto a maioría dos alumnos acudan a mellorar o seu estilo.

 

Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse ata o 28 de xullo no Centro Deportivo de Carral ou no teléfono 981.67.25.80.