AS PISCINAS MUNICIPAIS DE CARRAL VOLVEN A ABRIR AS PORTAS ESTE SÁBADO

A Concellería de Deportes abre este fin de semana as piscinas municipais.

cartel piscina 2017O concello de Carral abrirá ao público o sábado 17 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que do mesmo xeito que en tempadas anteriores, terá un horario de 12 a 21 h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, atópanse incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo chapoteo infantil.

Os prezos este ano serán os seguintes:

PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS:

(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011)

Entrada libre diaria 1,50 €
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e persoas con discapacidade 1,00 €
Abono individual temporada de verán. 13,00 €
Abono familiar temporada de verán. 22,00 €
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade  e persoas con discapacidade 10,00 €
Menores de 3 ano Gratis
Voluntarios de protección civil (acreditados) Entrada individual gratuíta

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.
Cartel NataciónAberto o prazo de inscrición nos  cursos de natación do mes de xuño

Entre o 15 e o 29 de xuño, estará aberta a inscrición nos cursos de natación do mes de xullo nas piscinas municipais de Carral. Estes cursos están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, impartíndose as clases de luns a venres. Os alumnos organizaranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases serán de 45 minutos e terán lugar todos os días de luns a venres en horario de mañá (entre as 11.00 e as 14.00 segundo o grupo), sendo impartidos por monitores especialistas na modalidade. O prezo do curso será de 28 ?/alumno todo o mes.

O ano pasado foron máis de 100 os nenos/as inscritos, polo que nesta nova convocatoria espérase mesmo superar dita cifra.

 

Aqueles que desexen informarse ou inscribirse, aínda poden facelo no Complexo Deportivo de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no correo deportes@carral.es.