AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS CELEBRAN O DÍA DO LIBRO

posted in: Novas Concello | 0

O vindeiro 23 de abril celébrase o día Internacional do Libro, e as bibliotecas municipais programan diversas actividades para conmemorar esta data.

Durante estIMG_20170420_105836wa semana recibimos a visita dos alumnos e alumnas de infantil dos centros educativos da zona. Os máis pequenos gozaron con Lilí Gruyére e as súas historias de “Paxariños” e con Andrea Vázquez que nos presentou Mergullámonos? .

Comezamos tamén nestas datas a recollida de libros para facer o noso troco solidario durante a Festa do pan. Os libros pódense levar a calquera das bibliotecas do concello. O prazo rematará o día 11 de maio.

Como xa é habitual e dentro da campaña de animación á lectura que leva a cabo o concello, o último xoves de mes, o día 27, Trinketrinke Teatro presentará a súa obra “O ratiño presumido”, nova versión do conto clásico de Perrault, interpretado por Lilí Gruyére.