AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS CELEBRAN O DÍA DO LIBRO

posted in: Novas Concello | 0

Contacontos, agasallos, visitas, lecturas … durante este mes as bibliotecas do Concello de Carral celebran o día do libro cun montón de actividades para todas as idades.unhas botas-web

Os nenos da escola infantil “A Galiña Azul” estiveron con nós o día do libro infantil. Visitaron a biblioteca e compartimos xogos e lecturas.

Para os alumnos de infantil do CEIP  Vicente Otero e o CEIP de Tabeaio, Trinketrinke Teatro ten preparada unha sesión moi especial. A biblioteca municipal recibirá ós nenos de tres a cinco anos que gozarán con dúas sesións: O Rato Canguro e Paxariños. Será o día 24 de abril.

Non podemos esquecer o contacontos do último xoves de mes, o 25 de abril, Unhas botas misteriosas con Pillo e Carolina. Será na Biblioteca Municipal ás 18:00 horas e será necesario retirar convites 48 horas antes.

Durante este mes comezamos a VIII campaña Libros Solidarios que se estenderá dende o 15 de abril ata o 7 de maio e na que todos os interesados poderán entregar nas bibliotecas libros usados en bo estado.

A finalidade desta campaña é que durante a Festa do Pan (que se celebrará na nosa localidade os días 10 e 11 de maio) estes libros, se cambien por alimentos non perecedeiros que os Servizos Sociais do Concello repartirán entre os máis necesitados.

Por outra banda todos os usuarios que durante este mes se acheguen polos bibliotecas terán a oportunidade de levar un libro como agasallo.