AS BIBLIOTECAS CELEBRAN ABRIL COMO MES DO LIBRO

posted in: Novas Concello | 0

bibliotecas-bibliotecas-4850O día 23 de abril conmemórase en todo o mundo o día do libro.

Dende a biblioteca municipal queremos rendirlle unha homenaxe ó libro, ós lectores, ós escritores, ós editores… e a todas as persoas que están relacionadas dunha maneira ou doutra  con este mundo máxico que nos abre portas á imaginaxión, que nos informa, que nos instrúe e que forma parte das nosas vidas dende que somos moi pequenos.

A biblioteca ten programadas ó longo deste mes unha serie de actividades que intentarán achegar un pouco máis o mundo do libro ós nosos veciños.

A partir do día 15 de abril e ata o 10 de maio, comeza cunha nova campaña de Libros Solidarios, na que se fai unha recollida de libros usados para logo intercambialos por productos de primeira necesidade  durante a Festa do Pan. Os libros depositaranse na Bibliteca Municipal.

O 21 de abril na Biblioteca municipal da Casa da Cultura, os compoñentes de Viravolta Títeres impartirán un obradoiro de  marionetas de papel dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Será ás 18:30

O día 28 de abril, teremos na biblioteca a un contacontos xa coñecido por todos, Pablísimo, que nos presentará nesta ocasión o seu espectáculo Mans, unha sesión de teatro e narración oral onde as historias se  contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.

Serà na biblioteca municipal ás 6 e media  da tarde.

Os nenos máis pequeños de Carral tamén nos visitarán esta semana. O día 20 os alumnos de infantil  terán a oportunidade de  ver a Trinke Trinke Teatro. Será na Biblioteca Municipal.