ARRINCAN OS CURSOS DE NATACIÓN DE AGOSTO NAS PISCINAS DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

Máis de 40 inscritos/ as nesta nova edición dos cursos de natación estivais.

Hoxe 1 de agosto comezaron as clases dos cursos de natación nas piscinas de verán de Carral. Foron un total de 45 os nenos e nenas anotados.

Estas clases están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Os alumnos distribúense en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo establécense os niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases impártense en horario de mañá, entre as 12.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases son impartidas por monitores especialistas, e teñen unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

 

Clausura dos cursos de xullo.

Grupo 1
Grupo 1

Por outra banda, o martes 31 clausuráronse os cursos que viñeron desenvolvendo durante o mes de xullo. Nestes foron máis de 90 os nenos e nenas inscritos para aprender e/ou mellorar as súas habilidades no medio acuático.

Durante o día de onte os nenos e nenas puideron gozar dunha xornada totalmente lúdica, con xogos libres e actividades cos propios monitores. Ao termo das mesmas a concelleira de Cultura Margarita  Ramilo, fixo entrega dos diplomas e agasallos a todos os participantes.

 

 

Fotos
Fotos