ARRANCA O XIV TORNEO MUNICIPAL DE TENIS DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

Son un total de 13 os tenistas inscritos para esta XIV edición do torneo de tenis de verán.

Cartel Torneo de tenis 2015

O sábado 8 de agosto arranca unha nova edición do torneo municipal de tenis de verán, que se desenvolverá ao longo dos meses de agosto e setembro nas pistas de municipais enmarcado dentro da programación deportiva municipal do verán 2015. Este evento deportivo non se podería levar a cabo sen a inestimable e desinteresada colaboración do Club de Tenis Marineda.

Este ano contamos con 13 inscritos que se distribuirán en dous grupos para a disputa dunha liguilla na que se enfrontarán todos contra todos e que durará dende o 8 de agosto ata o día 1 de setembro. Delas formarase o cadro dos oitavos de final, disputándose entre o 2 e o 10 de setembro as fases finais (oitavos, cuartos e semifinais). Para rematar, o domingo 13 de disputarase, a partir das 12.00 h, a gran final entre os dous mellores tenistas do torneo.

Para máis información poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ao teléfono 981.67.25.80 ou no correo electrónico deportes@concellocarral.com