AIRES DE CARRAL ORGANIZA UNHA NOVA MOSTRA DE CORAIS

A Asociación Cultural Aires de Carral, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levan a cabo unha nova Mostra de Música Coral, que terá lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira, o sábado 25 de abril ás 20:00 h.

Na Mostra deste ano participarán, ademais de Aires de Carral, as corais polifónicas de Barreiros e Entenza de Salceda de Caselas.

A entrada ao concerto é libre.

Cartel Mostra Música Coral 2015.