ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E EDUCATIVAS

O Concello de Carral presenta a nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de outubro e se desenvolverán ata o mes de maio.

Entre as actividades que se ofertan destacan bailes de salón, zumba, teatro, fotografía, mountain bike, informática para nenos e adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.

Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580).

O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.

Folleto Escolas curso 15-16

Boletín Inscripción 15-16