ABERTA A INSCRICIÓN PARA O III TORNEO DE PÁDEL DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

Na anterior edición deste torneo estival, foron un total de 25 parellas inscritas.

III Torneo de PádelO Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para o III Torneo de Pádel de Carral que se disputará ao longo deste verán. Na segunda edición, celebrada nos meses de xullo e agosto do 2017, foron un total de 50 xogadores (25 parellas) os inscritos nesta competición con formato de parellas e mixto.

O torneo dará comezo o próximo 14 de xullo e prolongarase ata o 2 de setembro. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro  eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de tarde-noite, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un carácter gratuíto.

Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 11 de xullo, no Complexo Deportivo de Carral, no 981.67.25.80 ou no  mail deportes@carral.es.