A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS DO MAGO ANTÓN CHEGA A CARRAL

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece este sábado, 8 de setembro, no marco das Festas do Socorro, ao Mago Antón con “A volta a Galicia en 313 concellos”. É un espCartel Mago Antón 2018wectáculo que realiza no “magomóbil”, un trailer especialmente preparado para acoller as súas funcións de” maxia de preto” con 70 espectadores no interior, e no que repasa algúns dos seus mellores xogos de maxia.

Realizará 6 funcións ao longo do día: 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 h. O espectáculo é para público familiar, desde os pequenos ata os avós. O magomóbil estará instalado na rúa do Campo da Feira, a carón da igrexa.

Para cada función, as persoas interesadas deberán obter previamente as entradas. Son de balde e pódense retirar na Casa da Cultura o xoves e o venres de 9:00 a 13:00 h, e o sábado no bochinche da festa.

Para este espectáculo o Concello de Carral conta coa colaboración do programa Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia a través de Agadic.