A PRÓXIMA SEMANA TRINKETRINKE VOLVE ÁS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

posted in: Novas Concello | 0

Imaxe logo Biblioteca InfantilCo comezo do curso escolar, a Biblioteca Municipal retoma as actividades de animación á lectura. Estas actividades están dirixidas a nenas de 3 a  8 anos e celébraranse como xa é habitual o último xoves de cada mes na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, dende o mes de outubro ata o mes de maio.

As sesións de contacontos estarán a cargo, un ano máis de Trinketrinke Teatro,  uns vellos coñecidos dos nosos usuarios e comezarán o xoves día 25 de outubro ás 18:00 horas coa sesión:  “A escola de Lonxedetodo”.

O mércores 24 de outubro, Trinketrinke presentará una sesión moi especial. Nesta ocasión dirixida ós máis pequenos da casa, nenos e nenas de 0 a 3 anos: “Paxariños”, un contacontos cheo de música e cor pensado para bebés. Será o mércores 24 de outubro ás 17:00 horas na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro)

Para asistir é necesario retirar con anterioridade a invitación nas Bibliotecas Municipais. As prazas son limitadas.