A OMIX ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN Ó AQUAPARK

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza para o 28 de xuño, martes, unha excursión ó aquapark de Cerceda coma todos os anos por estas datas.

Para esta excursión, a que poderán ir nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos, sairase desde a Casa da Cultura ás 11:15 h. e regresaremos, tamén á Casa da Cultura, ás 19:30 h. O prezo é de 8 €, o prazo de inscrición estará aberto entre o 3 e o 13 de xuño. As prazas son limitadas, así que apresúrate.

Para pasar o día no parque acuático, débese levar a comida, así coma protección solar, gorra e chancletas.

Para anotarse ou se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80 ou pasarte pola Casa da Cultura.