A FIBRA ÓPTICA CHEGARÁ A 66 NÚCLEOS E LUGARES DE TODAS AS PARROQUIAS DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

A fibra óptica aterrará en Carral a través do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración da Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado. Esta novidade reportará importantes beneficios en materia de telecomunicacións, na medida en que supoñerá a chegada da internet de alta velocidade a núcleos e lugares de todas as parroquias do municipio: Cañás, Paleo, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio, Beira e San Vicente de Vigo.

A través desta axuda, a conexión a Internet de alta velocidade aterrará nun total de 66 lugares e núcleos do termo municipal. En concreto, os puntos que beneficiarán desta mellora son os seguintes: Atalaia, Bacelo, Bailía, Barbeito, Cañás, Casanova, A Ribeira de Cañás, Soavila, Vistarreal de Cañás, Mato Grande, Lavandeira, Ameixeiras, Ans de Tellado, Cabrois, Casal, Fócanos, Outra Aldea, Reboredo, Xalo, Camiño do Casal, O Castelo, O Pedreiro, O Quenllo, Tarroeira de Paleo, Cabancas, Cimadevila, Esperante, Horta do Conde, Montecelo, Paradela, Paiolante, Ponte Lago, A Ribeira de Quembre, Salgueiros, Cepedo, Calle, Monte de Sergude, San Xulián, A Cañota, Campo da Aldea, Celas, Xocín, Xontes, Vilasuso, Azoreira, Belvís de Tabeaio, Brexa, Cambela, Corposanto, A Igrexa de Tabeaio, Lameira, Lodeiro, Pedrido, Piñeiro, Vilamouro, Aspra, Salgueiras, Sobrepiñeiro, Vistarreal de Tabeaio, Argonte, Herves, Teixoeiras, As Travesas, A Calle, Balbén e Río Brexo. A previsión é despregar a fibra óptica nestes puntos antes de finais do ano 2021.

Tal e como explican desde o goberno local, esta medida “sumará un novo servizo para os carraleses e carralesas, e suporá a dotación da internet de alta velocidade ás zonas máis rurais que actualmente carecen del”.