A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA UN CLUB DE LECTURA

posted in: Novas Concello | 0

Dende a Biblioteca Municipal estase a organizar un club de lectura para todos os amantes dos libros e con gañas de compartir as súas vivencias literarias.Cartel - Club de Lectura 2017.

Os clubs de lectura presenciais consisten en grupos de persoas que se reúnen periodicamente para valorar e comentar libros que previamente foron escollidos coa axuda dun coordinador do club.

Para participar, so é necesario amar a lectura e ter interese en compartir opinións e puntos de vista. Os libros recomendados proporciónaos a propia biblioteca.

As xuntanzas serán en principio os mércores, cada dúas semanas en horario de 19:00 a 20:30 horas, e a inscrición está aberta para todos os lectores maiores de 15 anos.

Os interesados poderán anotarse na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981 672 580. A data de comezo será o vindeiro 8 de marzo.