A BIBLIOTECA MUNICIPAL OFRECERÁ UN OBRADOIRO DE PANXOLIÑAS PARA NENOS E NENAS A PARTIR DE 5 ANOS.

Será o martes 27 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 horas, na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.
Dirixidos por monitores especializados, os participantes crearán tanto a letra como os instrumentos necesarios para interpretar a panxoliña.
Como remate da actividade, os nenos interpretarán a canción e levarán unha copia da mesma.
As prazas son limitadas. Inscricións na Casa da Cultura

images